Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa a carón dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realid...